CONTRATACION DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL
Visitas: 14
O Concello de Avión foi beneficiario dunha subvención ó abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais, estando cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. A subvención concedida foi destinada para a contratación dunha persoa traballadora coa categoría de peón forestal.
O obxectivo principal destas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado de traballo. O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a súa integración sostible no mercado de traballo.