Queremos agradecer a enorme involucración de toda a sociedade de Avión para colaborar na catástrofe provocada pola DANA na Comunidade Valenciana.
Seguindo as indicacións remitidas pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEGAMP), o máis recomendable polo momento é enviar as axudas mediante donacións económicas ás organizacións que traballan nas zonas afectadas.
En caso de que os problemas de loxística e almacenamento existentes polo momento mellorasen, dende o Concello de Avión, o GES e Protección Civil de Avión, valoraríanse outras opcións para achegar a axuda.
Agradecemos todo o interese e a solidariedade amosada polos veciños e veciñas do noso Concello.