Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES)
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avión (G.E.S.) é un Servizo de Emerxencias que está operativo os 365 días do ano as 24 horas do día.
Entre as funcións dos G.E.S. están as de:
- Atención en incendios urbanos.
- Apoio a incendios gorestais, en colaboración coa Consellería de Medio Rural.
- Realización de desbroces para a prevención de incendios forestais.
- Actuacións por inclemencias meteorolóxicas, onde existe un gran abano de intervencións tales como: desprendementos, limpeza de vías, verquidos en vías, retirada de árbores, sal en estradas…
- Colaboración coas Forzas de Seguridade: busca de persoas desaparecidas, aglomeracións, control de tráfico…
- Salvamento acuático.
- Retirada de enxames, recollida de animais feridos…
- Asistencia en accidentes de tráfico, laborais, deportivos… e un longo listado de actuacións relacionadas con Protección Civil.
- Colaboración cos Plans de Emerxencia da Xunta de Galicia e Concello de Avión:
- Outros tipos de riscos como escapes de gas, explosións, apertura de portas…
No ámbito sanitario o G.E.S. de Avión é un dos poucos de Galicia que tamén incorpora un servizo de Asistencia Sanitaria con unha ambulancia asistencial, dando cobertura non so ao propio Concello, senón tamén a outros limítrofes en colaboración coa Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O servizo de emerxencias do Concello de Avión tamén conta con unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, estando dispoñibles para calquera actividade que sexa necesaria.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. · Tel. 988 486 000 · Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense