Servizo Agroforestal

ÁREA AGROFORESTAL 

Dende un punto de vista xeral son moitas as áreas que teñen relación, como medio rural, medio ambiente, medio acuático, medio natural, ecoloxía, protección cidadá, etc, que resulta case imposible separar estas concepcións, e que, ademais, están presentes en case todas as facetas  de actuación municipal así como  vida cidadá. 

A administración local tenta conservar un estado natural adecuado e leva a utilizar tódolos medios posibles que esta entidade dispón para mellorar a vida local e tenta lograr un nexo entre a cidadanía e as administracións suavizando trabas burocráticas e acompañando na consecución de obxectivos de mellora rural.

 

 

QUE SE FAI NESTA ÁREA: 

PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
  • Mantemento das Faixas de Xestión de Biomasa (FXB):  Atención á cidadanía ante a obrigatoriedade de cumprimento da normativa vixente en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. O prazo para a realización das actividades  previstas no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia  estenderase ata o 31 de maio de cada ano, pero adicionando ao devandito prazo, debido á situación do estado de alarma, ata o 16 de xullo de 2020 inclusive. 
  • Convenios con outras administracións: Elaboración e execución dos programas de actuacións forestais, tanto manuais como  con tractor  do Concello, para levar a cabo as actuacións englobadas en  convenios coa Consellería do Medio Rural e coa Deputación Provincial, consensuando as actuacións entre a cidadanía e a propia administración.
  • Mantemento de vías e camiños municipais a través de brigadas de prevención e extinción de incendios e do Grupo de emerxencias supramunicipal (GES) e co tractor municipal.
  • Colaboración coa administración para levar a cabo as actuacións de Xestión das Faixas de Xestión da Biomasa na Parroquia de alta actividade incendiaria de Nieva.
  • Colaboración na Xestión da Biomasa nas Faixas de Xestión de Biomasa contemplada no PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS (PMPDCIF) 
  • Aldea Modelo: Dispoñer dunha agrupación de propietarios constituída posicionou a Cortegazas en primeira liña para poder optar as liñas de dinamización da Consellería do Medio Rural para a  creación da primeira Aldea Modelo do Concello de Avión en Cortegazas.
INTERELACIÓN COA SOCIEDADE RURAL: 
  • Comunidades de montes veciñais en man común. Aquí é sabido de todos do importante papel que estas comunidades deben desempeñar na dinamización do territorio. Desde o Concello impulsouse a dinamización destas comunidades guiando a creación, pioneira na provincia de Ourense, dunha Mancomunidade de comunidades de montes a través da que canalizan as súas situacións particulares e en conxunto, e estase a notar mellorías e inquedanzas que axudan á creación de emprego local, tan necesario, e incluso en melloras laborais con respecto a situación do sector, e a unha mellora notable da xestión destes montes. 
  • Agrupacións de propietarios: Fomentar a creación de agrupacións de propietarios forestais de xeito particular seguindo o exemplo do pobo de Cortegazas, onde se realizaron actuacións  de prevención conxunta. 
  • Comunidades de usuarios de augas: Colaboración na creación e no funcionamento de comunidades de usuarios de augas. 
  • Tramitacións: Axuda á cidadanía a confeccionar os trámites rutinarios como as solicitudes de corta de madeira para uso doméstico e para a venda a terceiros, queimas controladas, etc. 
  • Cartografía: Axuda á cidadanía a localizar parcelas ou a resolver dúbidas sobre superficies e localizacións de parcelas. 
  • Gandeiría.  Colaborar  con aqueles cidadáns e entidades interesadas en promover actuacións silvícolas encamiñadas á implantación de gandeiría extensiva, que sirva de mecanismo complementario de prevención de incendios dos núcleos rurais como así acontece  nos pobos de  Acevedo, Rubillón, Córcores, Taboazas, Couso, Penedo, Espiñeiro e  Vilar entre outros e con distintas intensidades e seguimos coa intención de poder chegar á maioría de pobos deste municipio.  

Teléfono

Enderezo

Praza do Concello, 1

E-Mail

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ·   Tel. 988 486 000   ·   Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense