A Serra do Suido
A Serra do Suído, está situada nos límites da provincia de Ourense e Pontevedra e abarca principalmente parte dos municipios de Avión e Beariz en Ourense, e os de Lama, Fornelos de Montes e Covelo en Pontevedra.
Os datos máis destacables deste “Espazo natural”, son que está composto de serra de perfil erosionado, destacando pola súa riqueza cinexética. A belleza das súas vistas panorámicas e núcleos de vexetación autóctona, son outras das causas que aconsellan a súa protección.
A Serra do Suído alcanza cotas de 1.000 metros sobre o nivel do mar, no Concello de Avión atópanse alturas de 1.053 e 1.043, nas denominadas Laxa dos Números e na Pena de Rairiz, respectivamente. Trátase de bloques levantados, modelados sobre granitos no cume, caracterizadas por diferentes superficies de erosión así como por unha rede de fallas, que determinan a alternancia do terreo.
Toda esta orografía que sirve de límite entre provincias, actúa como unha dispersión nos diferentes cursos fluviais que nacen desde a Serra do Suído. O Suído é fonte nai de moitos ríos, o máis destacable destos á o Avia, principal afluente do río Miño, que nace en Fonte Avia (1.053 metros) e o Couso, afluente do Avia. Pola outra vertiente destacan o río Verdugo, o Cubeta o Folgoso, que terminan todos en augas do Atlántico. O río Avia ao seu paso por Avión da forma coas súas augas ao embalse de Albarellos.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. · Tel. 988 486 000 · Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense